Esta presentación encádrase dentro dunha xornada formativa para hosteleiros, profesionais do ensino e persoas relacionadas co sector turístico, a quen se lles presenta esta guía como unha ferramenta de divulgación baseada no turismo cultural da observación de aves.
O volume, que consta de 16 páxinas dun innovador formato rectangular horizontal cando está aberto, recolle, desde o punto de vista divulgativo, varios aspectos de interese sobre o mundo das aves da Insua tanto para o afeccionado á avifauna como para a poboación local, escolar e turística.
O traballo ábrese cunha presentación do Alcalde de Cabana de Bergantiños, na que salienta que con esta publicación, xunto coa inauguración en 2006 do Miradoiro de Aves situado na praia da Urixeira, se lle rende outra merecida homenaxe a José Luís Rabuñal Patiño, un dos máis importantes ornitólogos de campo do Estado español e que leva máis de 30 anos observando aves na desembocadura do Anllóns.
Despois, no desenvolvemento do contido, cunha alta calidade gráfica e con amenidade, infórmase ós lectores da importancia da Insua como un espazo privilexiado en Europa para as aves que buscan nela refuxio durante as súas migracións europeas e americana, dos lugares que ocupan as aves no esteiro, das rarezas que acudiron nalgunha ocasión ó lugar, das estratexias para recoñecer as aves e dos útiles cos que se deberá contar para a observación da avifauna, así como da dispoñibilidade de contar cunha chave para acceder ó interior do miradoiro de aves.
Mentres que a guía, redactada en lingua castelá e galega, ten como destinatarios o público turístico e foráneo, un polidíptico de gran formato que a acompaña foi escrito en lingua galega e ten como destinatarios principais a poboación local e escolar.
O volume conta con colaboracións gráficas de Ana García Suárez, foi deseñado por GlobalGrafic e publicouse cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Como a anterior, esta exposición estará a disposición de escolares e público en xeral no Local Social de Neaño. A ela acudirá o alumnado a partir de 2º ciclo de Educación Primaria do colexio As Revoltas, en horario de mañá e tarde. As visitas escolares durarán proximadamente 45’-1 hora e contarán con información de apoio e servizo dun educador ambiental
O poboación local pode acudir á mesma durante as sesións da fin de semana.
A mostra está composta por 22 paneis.

O presente estudio recolle o diagnóstico territorial da Comarca de Bergnatiños, fancendo énfase nos seus puntos débiles e fortes, ameazas e oportunidades. Nel recóllense diversas cuestións relativas á realidade económica e social da comarca e sobre a situación do medio rural.
O documento debe ser un instrumento de traballo, non só para o Grupo de Desenvolvemento Rural senon tamén para os demais axentes socioeconómicos do territorio.
Trátase dun documento xerado dentro do propio grupo, cos seus propios medios e recollendo as opinións dos axentes económicos e sociais. A metodoloxía aplicada parte da Asamblea Xeral da Asociación celebrada o pasado 26 de xuño onde se creou unha rede de colaboradores para a elaboración do mesmo, formada pola Rede de Axentes de Desenvolvemento Local e Emrpego dos concellos, Técnicos de Cultura dos concellos, Técnicos da Oficina I+B de Carballo, Asociacións profesionais agrárias (UU.AA e XX.AA.), e outras entidades de representación empresarial. Tamén se solicitou a opinión e se recolleron aportacións realizadas por particulares que o equipo técnico estimou válidas.
Estas aportacións xunto co inventariado de recursos, a recollida e análise de datos realizada polo persoal técnico da Fundación Comarcal de Bergantiños, permitiu realizar un borrador que se presentou o pasado 3 de setembro na Xunta Directiva da Asociación, e coas oportunas aportacións foi “colgado” nas páxinas webb dos concellos participantes, para a súa difusión e invitando á toda a sociedade comarcal a realizar a as aportacións que estime oportunas de cara a mellora-lo documento, para posteriormente se sometido a consideración da Asamblea Xeral do 12 de setembro.
O borrador complétase coa Parte I que é a descrición da Asociación e o equipo hukmano e material que traballará no Leader. Os documentos coa Parte II, Parte III e Parte V forman parte do borrador, e xunto coa Parte IV Cooperación e Parte VI Plan finaceiro (non disponibles a día de hoxe) conforman a documentación da candidatura.
A principal novidade deste programa de actividades 2008/09 é unha Aula itinerante de cestería para adultos. Esta actividade desenvolverase nos locais sociais de distintas parroquias do concello: Cesullas, Cundíns, A Mata, Nantón e Corcoesto. As sesións serán impartidas polo cesteiro de Canduas Jaime Gagino Nantón, alumno de distintos cursos de cestería impartidos pola ourensá Lola Tourón. Para a realización desta actividade necesitarase un mínimo de asistentes.
Na Casa da Cultura da Carballa impartiranse aulas das escolas municipais de música, teatro, idiomas e manualidades. En Nantón, no local social de Íntegro impartiranse de outubro a decembro clases de informática.
A inscrición para as actividades realizarase no Departamento de Cultura e Deportes (981 754 020) Ofrécese o horario e calendario de todos os programas de actividades na seguinte descarga asociada. Púlsaa co teu rato e consúltaa.
No noso afán por achegar a administración aos cidadáns e cidadás de Cabana e facilitar certos trámites administrativos que ata o de agora conlevaban realizar incómodos desprazamentos, lanzamos unha nova iniciativa.
Xa dispoñemos dun punto de información do Servizo Galego de Colocación (S.G.C.), dende onde todos e todas podedes renovar as vosas demandas de emprego, sen necesidade de acudir á oficina de Carballo.
Tamén é posible consultar as ofertas do S.G.C. e acceder ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.