Saltar navegación
Concello de Cabana
Concello de Cabana. Secuencia de imaxes do Concello de Cabana
Dolmen de DombateA Cidá de BorneiroMiradoiro de Aves

O CONCELLO
Novas

Primeiro fin de semana saudable e cultural do mes de xullo

Aínda continúa aberto o prazo de inscrición para anotarse nos obradoiros de teatro e informática que se realizan na Casa da Cultura durante o verán.

A Senda do Anllóns acollerá un percorrido saudable desde a praia da Urixeira
A primeira fin de semana do mes de xullo en Cabana de Bergantiños virá cargada culturalmente por partida dobre.

O arranque será coa camiñada saudable que terá lugar o venres 3 desde a praia da Urixeira e percorrerá toda a senda do Anllóns. Á parte da faceta deportiva desta camiñada, ós asistentes achegaráselle información de todos os valores medioambientais e patrimoniais do fermoso entorno polo que transcorre o percorrido. Esta actividade está coorganizada con proxecto Concellos Saudables.

A segunda aposta será a saída de dous grupos da Escola Municipal de Teatro o domingo día 5. Un elenco de 15 actores e actrices cabaneses reprsentarán na Campara dúas obras teatrais. Pérez, o rato, será levada ás taboas por Uxía Pastoriza Lema, Laura García Eiroa, Eloy Mato Rial, Manuel Romero Suárez, Rubén Reigía Martínez, Antía e Julio Santos Ramos. Por outra banda, a obra A xuntanza dos ratos será representada por Brais e Uxía Santos Seoane, Gimena Lema Collazo, Tania Amado Pose, Uxía Pérez García, Yolanda Rama Cousillas, Laura Souto Mouzo e Sabela Lema Rodríguez.

Cabana de Bergantiños clausura as súas escolas municipais de música e teatro

Nesta fin de semana, os verdadeiros protagonistas da cultura de Cabana de Bergantiños será o alumnado da Escola Municipal de Música José María Álvarez Canto e os da Escola Municipal de Teatro, dirixidos polo profesorado da Escola da Rúa e pola dramaturga carballesa Silvia Losada Crende, respectivamente. Case un par de centos de músicos e actores encherán de creatividade o escenario do Auditorio que, coma na pasada edición, serán motivo máis que suficiente para que as butacas desta infraestrutura quede pequena unha vez máis.

A quenda para os aprendices de músicos cabaneses terá lugar o venres 26 a partir das 20.00 horas. Ofrecerán un amplo festival de música no que pianos, gaitas, voces, guitarras e distintos instrumentos de percusión poñerán en solfa tanto temas de corte clásico como de carácter tradicional. Case un cento de alumnos e alumnas interpretarán o Carrillón de Vendome, un vals de Tchaikovsky, O son da sega, a canción Tengo, tengo, tengo, unha Marcha heroica, un Souvenir de vals, a tradicional Pernas pra riba, o tema central da película Harry Potter, a canción Se fue, o tema Carnaval, unha eléctrica Animal instick e, como peche a potentísima peza O galo tan popularizada estes anos polo grupo de pandeireterais Malvela.

A quenda para actores e actrices programouse para o sábado 27 á mesma hora. Un elenco de 91 artistas levarán ás táboas once obras teatrais que van desde os 10 ata os 30 minutos de duración. Son grupos que proceden da maioría dos colexios do concello: do CPI As Revoltas e das escolas unitarias de Fontenla, Corcoesto, A Mata, Cundíns, Neaño e Borneiro. Con isto o concello de Cabana de Bergantiños achega de modo admirable a arte e a creatividade dramática á totalidade do público escolar do municipio. Os títulos que se levarán á escena son O romance do príncipe Micomicón e a princesa Adela, A familia Porcón, O rei de case todo, Mary Pulga, A asemblea dos ratos, A bolboreta e a tartaruga, A voda da pulga e o piollo, O retábulo das marabillas, A pequena historia de Romeo e Xulieta, Pérez, O Rato e, por último, A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella.

Presentouse en Neaño o Pograma Cabana Zas Saudables para o 2009

Este xoves 11 de xuño, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, presentaron no salón de actos do Centro de Maiores de Neaño o novo Programa Cabana-Zas SaudableS. Ambos edís estiveron acompañados pola Directora Xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos, e polo Subdirector da Dirección Xeral de Estilos de Vida Saudable, Manuel Amigo Quintana.

Mesa de presentación do Programa Cabana Zas Saudables
O gran obxectivo deste programa saudable será incrementar a participación dos asistentes ás distintas actividades e así superar a cifra dos 2500 da anualidade do 2008. Ademais, potenciaranse as actuacións dirixidas á mocidade de entre 14 a 18 anos e adultos de entre 20 a 40 mediante o deseño de novas actividades para estes colectivos, sen por iso se deixe de atender o resto da poboación.

Neste 2009 consolidarase o proxecto de fomento de estilo de vida saudable na área de promoción e vida sen tabaco, sen alcohol e outras drogas. Asimesmo, continuarase coa vixilancia e rotulación de espazos sen fume, así como a potenciación dos programas de prevención en escolas e institutos.

Outra área de traballo importante será a de promoción da actividade física e regular mediante o ‘Pack Saúde’ para adultos e maiores, así como a través de programas de xestión persoal da forma física. Cooperarase cos escolares mediante a programación dos ‘Recreos Activos’ e co obradoiro ‘Entrénate’. En colaboración co departamento de Cultura, poñerase en marcha o programa ‘Rutas saudables’.

No tocante ó fomento da alimentación equilibrada, continuarase cos servizos de asesoramento nutricional e cos obradoiros ‘Aprende a comer’ para combater problemas de diabete, hipertensión ou obesidade. Tamén terán continuidade os obradoiros de cociña saudable e o programa ‘Boa hostalería’ en colaboración co sector hostaleiro do concello.

O programa Cabana Sudable pecharase cunha Semana da Saúde e un estudo científico sobre os hábitos alimenticios, a práctica da actividade física e o consumo de tabaco na poboación cabanesa.

Anuncio contratación

Anuncio

Descargas asociadas


Ligazóns recomendadas

Os concellos de Cabana e Zas presentan o seu novo Programa Saudable para o 2009

Ás 12.30 h do vindeiro xoves 11 de xuño, o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, e o de Cabana de Bergantiños, José Muíño Domínguez, ofrecerán unha rolda de prensa na que se presentará o novo Programa Cabana-Zas SaudableS. A presentación terá lugar no Salón de Actos do Centro de Maiores de Cabana de Bergantiños, emprazado no lugar de Neaño. Ademais, tamén acudirá a Directora Xeral de Saúde Pública e Planificación, Sagrario Pérez Castellanos e falta aínda por confirmar a presenza do Subdirector da Dirección Xeral de Estilos de Vida Saudable, Manuel Amigo Quintana.

Presentación en Zas do Programa Cabana Zas Saudables 2008
No presente acto darase a coñecer este proxecto compartido do Programa Cabana-Zas SaudableS que xa se está a desenvolver ó longo deste ano 2009. Este programa conta co financiamento da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia, quen achega uns 50.000 euros que cobren o 80% do orzamento. Do 20% restante fanse cargo os dous concellos. As distintas actividades saudables desenvólvense desde o 1 xaneiro ata 15 novembro.

O actual programa 2009 supón unha renovación deste mesmo proxecto iniciado no 2008. Dos 60 concellos que de toda Galicia solicitaron a adhesión a este programa da Dirección Xeral de Saúde Pública, tan só se renovou convenio a 25. Entre eles están Cabana de Bergantiños e Zas. Para o desenvolvemento do programa, en Cabana e Zas, cóntase cun equipo formado por 5 persoas. A coordinadora é Loly Hortas, técnica de deportes do Concello, e despois traballan outras dúas por concello que desenvolven actividades físicas e nutricionais. En Zas este labor lévano a cabo Sabrina López e Sonia Ferreiro, en Cabana Mar Vidarte e Sheila Varela.

Tras a presentación, todos os asistentes poderán degustar un ‘pincho’ saudable.

O venres 5 de xuño clausúranse as Escolas Deportivas Municipais

Tamén se celebrará a VIIIª Gala de Bailes de Salón

Alumnado da actividade de patinaxe artístico
O pavillón polideportivo da Carballa do Concello de Cabana de Bergantiños acollerá o vindeiro venres 5 de xuño unha dobre xornada festiva. Así, a partir das 19.45 h realizarase a clausura de todos as escolas deportivas municipais nas modalidades de xudo, patinaxe artística, ximnasia rítmica, baloncesto e fútbol sala. Dúas horas máis tarde, a pista do pavillón encherase de música e colorido coa celebración da VIIIª Gala de Baile de Salón. Estes actos contan coa colaboración da Deputación da Coruña, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, de Coca Cola e de Nestlé Yoco.

PROXECTO REDE XIANA

O CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS PARTICIPA NUN PROXECTO DA REDE EUROPEA DE FORMACIÓN E ACCESO AO MERCADO LABORAL IMPULSADA DESDE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

PROXECTO REDE XIANA
Un total de 90 Concellos de toda a provincia poñen en marcha a “REDE XIANA” co obxetivo de fomentar o emprego mellorando a formación e a capacitación profesional.

Rede XIANA (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade non mercado laboral galego) ten como principal obxectivo o fomento do emprego en municipios, da provincia da Coruña, de menos de 50.000 habitantes.

Impartiranse un total de 76 cursos que beneficiarán a 1.140 persoas desempregadas pertencentes aos sectores con maior taxa de desemprego (menores de 25 e maiores de 45 anos, mulleres de todas as idades, desempregados/as de longa duración e persoas en rega de exclusión social).

Rede XIANA ten como obxectivos xerais a dinamización da base económica do medio rural, fomentando a aparición de actividades profesionais competitivas e multifuncionais (Novos xacementos de emprego); mellorar o nivel dos servizos de proximidade da poboación rural, elevando o nivel de benestar e garantindo a igualdade de oportunidades especialmente para as persoas de maior vulnerabilidade ou en risco de exclusión social e executar accións locais coherentes coas iniciadas desde outros niveis administrativos procurando establecer sinerxías entre os instrumentos de políticas públicas das distintas administracións.

Os destinatarios/as destes cursos son demandantes de emprego coa tarxeta actualizada.

Os requisitos para poder solicitar os mesmos son: ser maior de 18 anos, estar empadroados/as nalgún dos Concellos asociados á Rede XIANA, non ter impedimento físico para o desenvolvemento da profesión do curso e no caso de persoas emigrantes retornadas e inmigrantes deberán acreditar (cos documentos correspondentes da oficina consular na que figuren inscritos/as) que se atopan residindo en España dentro da legalidade vixente.

O Concello de Cabana de Bergantiños forma parte da Zona 13 xunto cos concellos de A Laracha, Arteixo, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Laxe. O curso concedido para esta zona 13 denomínase “ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO”. Con un total de 704 horas de duración, con 504 de teoría e 200 horas de práctican, inclúense os módulos de igualdade, sensibilización medioambiental e manipulador de alimentos. Impartirase en Carballo e iniciarese previsiblemente a finais de xuño.

PRAZO
As datas para inscribirse nestes cursos son do 27 de Abril ao 22 de Maio (ámbolos dous inclusive).


MAIS INFORMACIÓN
Para mais información poden acudir ao servizo de Emprego do Concello, no teléfono 981 75 40 20 ou tamén por medio da páxina web www.redexiana.org.
Persoa de contacto: Silvana ( axente de emprego).

Ligazóns recomendadas

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL. CURSO 2009/2010

Casa dos títeres
RESERVA DE PRAZA

Do 1 ó 15 de abril: presentación das solicitudes no Departamento de Servizos Socias do Concello. (As variacións na situación económica ou familiar cor respecto o curso anterior serán debidamente xustificadas).
Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula na EIM.


ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS

Do 1 ó 30 de abril: presentación das solicitudes no Departamento de Servizos Sociais do Concello. (A documentación a presentar é a sinalada no anexo I).
12 de maio: exposición da relación provisional de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.
Reclamacións: os solicitantes poderán efectúa-las reclamacións que estimen oportunas no Departamento de Servicios Sociais no prazo de 10 días contados a partir do día seguinte da publicación.
23 de maio: exposición da relación definitiva de admitidos e a lista de espera no taboleiro de anuncios do Concello.
Do 1 ó 15 de xuño: formalización da matrícula na EIM.

Descargas asociadas

PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

- Obxeto:
Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas, que desenvolvan a súa actividade empresarial como traballadores autónomos ou por conta propia.

- Persoas beneficiarias:
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan a creación do seu posto de traballo.

- Prazo xeral para solicitudes:
Finaliza o 15 de setembro de 2009

- Tipos de axuda:
- Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma por conta propia.
- Subvención financeira.
- Subvención para asistencia técnica.
- Subvención para formación.
- Axuda excepcional.

Ligazóns recomendadas

LEADER 2007 – 2013

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños

Descargas asociadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009

Formato RSS 2.0
Ir ao principio da páxina
By Abertal